====== Personaxes da cidade ====== ===== Rafaela Hervada ===== [[http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2009/05/01/rafaela-hervada-nunca-supe-lo-que-era-eaj41/282343.html|A primeira muller que dirixiu en España unha emisora de radio]]
´Nunca souben o que era EAJ41´ "Cando fun soa á primeira asemblea da Ser ía con medo, era a única muller entre aqueles señores maiores, e creo que lles dei pena"
| {{ http://fotos00.laopinioncoruna.es/fotos/noticias/318x200/2009-05-08_IMG_2009-05-01_00.31.41__1080528.jpg?400 }} | | Rafaela Hervada posa ante o busto do seu pai, Pancho Hervada, fundador de Radio Coruña. Foto de Víctor Echave | ISABEL BUGALLAL | A CORUÑA Foi a primeira muller que dirixiu unha radio en España. Rafaela Hervada fíxose cargo de Radio Coruña en 1964, á morte do seu pai, Francisco, Pancho, Hervada, fundador da emisora. Rafaela, Palela, que entón tiña 47 anos, enfila hoxe os 92 cunha espléndida lucidez e lembra as vicisitudes da que foi coñecida como Radio Pancho, asociada desde 1949 á Cadea Ser. A emisora comezou a emitir oficialmente hai 75 anos desde a súa sede Fontán, 3. "Aquí EAJ41, Radio Coruña", lanzou ao aire Neves Navarro, Loló, o 15 de marzo de 1934, antes de dar paso á intervención do alcalde republicano Alfredo Suárez Ferrín. Rafaela Hervada, que tiña 16 anos cando o seu pai puxo en marcha a que sería primeira emisora de radio na Coruña, pretendía facerse rexistradora da propiedade. Pioneira tamén niso, foi a primeira muller licenciada en Dereito na cidade. "En clase, na Facultade de Dereito de Santiago, eramos dúas mozas, Carmen López Neto, e eu", conta sentada nunha butaca do seu recuncho favorito da casa, no mesmo edificio da praza de Ourense onde está a actual sede da radio desde 1960. Ao seu lado, un receptor de aspecto antigo e unha cesta cun labor de punto: " Calceto moito", di. "O meu pai púxose mal, non podía atender todos os negocios e, como non había ningún home en casa, tocoume a min, que era a maior das irmás, traballar con el na radio. E gustoume. Era algo vivo, variado e ameno, completamente distinto ás oposicións a Rexistros, unha cousa aburrida e monótona". Con ela, Radio Coruña empezou a emitir as 24 horas e en frecuencia modulada. -Foi unha incorporación fácil? -Eu víao vir, e ao morrer o meu pai, eu xa estaba bastante preparada. E nesa época, ademais, foi cando empezamos a gañar diñeiro, porque grazas á frecuencia modulada todo o mundo tiña transistor e a publicidade empezou a funcionar ao grande. -E así se converteu na primeira muller que dirixiu unha radio. -Creo que si, desde logo, na Cadea Ser fun a primeira. Cando cheguei só había unha muller, María Josefa Rubio, que era a xefa de publicidade da cadea, todos os demais eran homes. Eu tiña un medo que nin me quero acordar, pero acolléronme bárbaramente. Cando fun soa á primeira asemblea da Ser, veu Eugenio Fontán, que era o director, e presentoume a todos aqueles señores maiores, entre os cales estaba Ramón Varela, a única cara coñecida para min porque coincidira con el en Santiago cando estudaba. Estaba tamén Manolo Aznar, o pai de José María Aznar, que era xefe de programas, e creo que eu lles daba pena. -Pero na emisora na Coruña non era a única muller. -Estaba a miña tía, Clotilde Carnerero, que se encargaba da contabilidade e do arquivo de discos; Neves Navarro, a locutora que foi a primeira en dicir "aquí EAJ41", e Enriqueta Brandón, locutora e xefa de programas. -¿Qué significa EAJ41? -Non o sei, nunca o souben. Eu pregunteino moitas veces e ninguén me soubo contestar. Sei que era unha nomenclatura internacional e que o número se debe a que era o emisora número 41 de España, pero nunca soubemos máis. -Como se embarcou o seu pai na aventura da radio? -Viño á Coruña un representante de Marconi para revisar a radio marítima e hospedouse no Hotel Palace. O meu pai comía no hotel cando a familia íase de veraneo ao campo e un día preguntoulle ao camareiro quen era un señor que comía ao seu lado. O camareiro explicoulle que era representante de Marconi e quería montar un emisora pero non atopaba con quen. "Preséntamo", dixo o meu pai, que lle interesou de inmediato o negocio. El só tiña que encargarse de pagala, posto que Marconi encargábase do demais. E así empezou. -Atopou resistencias? -En plena Guerra Mundial, clausuráronnos a emisora porque dicían que interferiamos unha radio espía dos nazis que emitía desde uns camións, en Santa Margarita, e con ese pretexto pecháronnos, pero o meu pai foi a Madrid e logrou que se renovasen as emisións nuns meses. -Foi unha xefa moi esixente? -Non, ao revés, moi tolerante. Todos me tiñan aprecio, ou sexa, que non debía ser tan mala: Javier Molina, Agustín Ameijeiras, Paco Pillado, Roberto Astorga, José Luis Mallo, José Luís Díaz Armada... todos mo puxeron moi fácil. -Non casou pola radio? -A radio non tivo que ver. Non sei, pero non me pesa nada, defendinme soa na vida. -As maiores dificultades? -Económicas. As facturas. A radio é moi custosa e súase. -E na información? -Que se eu! Tiven problemas, por exemplo, o 23- F, pero cortei polo san e decidín conectar coa Ser en Madrid. E antes da democracia tiñamos un problema moi gordo, a censura. Non podiamos publicar, nin sequera a publicidade, sen antes levarlle cada mañá a Serrano Castela todos os papeis. -A Ser era un dos poucos medios críticos con Francisco Vázquez. -Chegamos a ter un preito por unha bobada que lle pareceu mal, e gañei eu, pero somos amiguísimos. -Cos xornais que tal? -Eu procurei citar con todos os rozamentos e cada un seguía o seu camiño. Nunca lle toquei e nunca me tocaron a min. -Radio Coruña seguirá en mans da familia Hervada? -Esperemos que si, gustaríame que así fose. Agora está á fronte o meu sobriño Anca (Anxo Gómez Hervada) e esperemos que se manteña a tradición familiar. Os meus sobriños netos aínda son novos pero teño varios aos que lles gustaría. [[http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/10/24/pancho-prestige/329123.html|O Concello entrega a Radio Coruña Cadea SER a Medalla de Ouro da cidade no seu 75 aniversario]] \\
===== Eusebio da Guarda ===== \\
\\
\\