Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Action unknown: siteexport_addpage
isabel_iglesias

Isabel Iglesias



Isabel Iglesias desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da consultoría, análise da información e o desenvolvemento de contidos. É socia consultora da empresa I.G. Documentación, pioneira en Galicia no traballo ao redor da información empresarial e a xestión da innovación.

É experta na identificación do potencial de cambio e o crecemento de organizacións, así como na dinamización da innovación e o uso estratéxico da información.

É colaboradora e articulista en publicacións, así como editora de diferentes blogues, entre eles o persoal enpalabras.com e o de investigación sobre a perspectiva de xénero enigualdade.com.

Pola súa traxectoria profesional mantén unha intensa actividade e implicación no ámbito asociativo empresarial, social e cultural. Entre outros, é membro da Academia Galega do Audiovisual, da Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información (INEO) e da Confederación de Empresarios de Coruña (CEC). Tamén participa desde hai anos no Informe GEM do Observatorio do Emprendemento.

É autora do ensaio Empresarias Xubiladas, publicado pola Deputación da Coruña, Desde 2008 é tamén produtora audiovisual e co-guionista da película de non ficción Máscaras.

isabel@enpalabras.com | Linkedin | Twitter

Socia en:


isabel_iglesias.txt · Última modificación: 2024/02/22 14:46 por 127.0.0.1

Donate Powered by PHP Valid HTML5 Valid CSS Driven by DokuWiki