====== Isabel Iglesias ====== {{:0_presentacion:logo_enpalabras_color.png?100 |}} \\ \\ {{:0_presentacion:isabeliglesias.jpg?120 |}}**Isabel Iglesias** desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da consultoría, análise da información e o desenvolvemento de contidos. É socia consultora da empresa [[http://informaciongalicia.net/|I.G. Documentación]], pioneira en Galicia no traballo ao redor da información empresarial e a xestión da innovación. É experta na identificación do potencial de cambio e o crecemento de organizacións, así como na dinamización da innovación e o uso estratéxico da información. É colaboradora e articulista en publicacións, así como editora de diferentes blogues, entre eles o persoal [[http://www.enpalabras.com/blog/|enpalabras.com]] e o de investigación sobre a perspectiva de xénero [[http://enigualdade.com/|enigualdade.com]]. Pola súa traxectoria profesional mantén unha intensa actividade e implicación no ámbito asociativo empresarial, social e cultural. Entre outros, é membro da Academia Galega do Audiovisual, da Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información (INEO) e da Confederación de Empresarios de Coruña (CEC). Tamén participa desde hai anos no Informe GEM do Observatorio do Emprendemento. É autora do ensaio [[http://issuu.com/enpalabras/docs/empresariasxubiladas_edici_nabril2012|Empresarias Xubiladas]], publicado pola Deputación da Coruña, Desde 2008 é tamén produtora audiovisual e co-guionista da película de non ficción [[http://www.proxectomascaras.com/|Máscaras]]. [[isabel@enpalabras.com|isabel@enpalabras.com]] | [[https://es.linkedin.com/in/enpalabras/es|Linkedin]] | [[https://twitter.com/enpalabras|Twitter]] Socia en: {{:0_presentacion:logo_color_ig_50_.jpg?100 |}} \\