====== Iago González ====== {{:0_presentacion:logo_color.png?100 |}} \\ \\ {{:0_presentacion:iagogonzalez.jpg?120 |}}**Iago González** é experto en narrativas audiovisuais e en branded content. Desenvolveu toda a súa carreira profesional no sector audiovisual con experiencia nos diferentes ámbitos técnicos e creativos, o que lle permitiu desenvolver o coñecemento e perspectiva necesaria para o deseño de proxecto de maior complexidade e riqueza narrativa. Con ampla experiencia en traballos para empresas e institucións, participou tamén en producións alleas como a longametraxe 50 Anos na Estada, de Anxo Rueda. Desde 2007 dirixe a sección audiovisual de [[http://informaciongalicia.net/|I.G. Documentación]], baixo a marca [[http://www.enimaxes.com|enimaXes.com]], exercendo tamén labor docente en manexo de ferramentas e comunicación empresarial. É experto no desenvolvemento de dinámicas Web. No seu portfolio pódese ver unha ampla mostra de traballos realizados, que inclúen vídeos institucionais, musicais e artes escénicas, curtos documentais, vídeos pedagóxicos, etc. Simultaneamente realiza pezas curtas mirando á contorna urbana como, entre outros, [[https://vimeo.com/22285431|O Final das Atochas]] (2010), [[https://vimeo.com/26290805|El Partido]] (2011), [[https://vimeo.com/25035595|Pasos na Redacción da Historia]] (2011), o [[https://vimeo.com/115538974|Josman #dMudanza]] (2015). En 2009 deseña e pon en marcha o [[http://www.proxectomascaras.com|Proxecto Máscaras]], que inclúe el largometraje de no-ficción Máscaras, a curta Calcetin(e)s, e todo un traballo de investigación paralelo en torno ao ámbito da diversidade funcional. [[silencio@enimaxes.com|silencio@enimaxes.com]] | [[http://blog.enimaxes.com/|blog.enimaxes.com]] | [[https://twitter.com/enimaxes|Twitter]] | [[https://instagram.com/iagoglez/|Instagram]] Socio en: {{:0_presentacion:logo_color_ig_50_.jpg?100 |}} \\