Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


iago_gonzalez

Iago González



Iago González é experto en narrativas audiovisuais e en branded content.

Desenvolveu toda a súa carreira profesional no sector audiovisual con experiencia nos diferentes ámbitos técnicos e creativos, o que lle permitiu desenvolver o coñecemento e perspectiva necesaria para o deseño de proxecto de maior complexidade e riqueza narrativa.

Con ampla experiencia en traballos para empresas e institucións, participou tamén en producións alleas como a longametraxe 50 Anos na Estada, de Anxo Rueda.

Desde 2007 dirixe a sección audiovisual de I.G. Documentación, baixo a marca enimaXes.com, exercendo tamén labor docente en manexo de ferramentas e comunicación empresarial. É experto no desenvolvemento de dinámicas Web.

No seu portfolio pódese ver unha ampla mostra de traballos realizados, que inclúen vídeos institucionais, musicais e artes escénicas, curtos documentais, vídeos pedagóxicos, etc. Simultaneamente realiza pezas curtas mirando á contorna urbana como, entre outros, O Final das Atochas (2010), El Partido (2011), Pasos na Redacción da Historia (2011), o Josman #dMudanza (2015).

En 2009 deseña e pon en marcha o Proxecto Máscaras, que inclúe el largometraje de no-ficción Máscaras, a curta Calcetin(e)s, e todo un traballo de investigación paralelo en torno ao ámbito da diversidade funcional.

silencio@enimaxes.com | blog.enimaxes.com | Twitter | Instagram

Socio en:


iago_gonzalez.txt · Última modificación: 2024/02/22 14:46 por 127.0.0.1

Donate Powered by PHP Valid HTML5 Valid CSS Driven by DokuWiki