Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


a_mirada

¡Esta es una revisión vieja del documento!


<fc #6495ed>“dMudanza”</fc> / <fc #6495ed>A orixe da idea</fc>

O proxecto parte dunha idea moi física, corpórea. O traslado das instalacións de Repsol é un proceso moi concreto, debido a que actúa sobre elementos que non só comportan grandes medidas de seguridade, senón que terán un efecto moi visible na configuración do trazado da propia cidade. Pero ao mesmo tempo actúa sobre unha parte invisible da súa historia, en ocasións descoñecida.

50 anos e un traslado


O 14 de outubro de 2013 asínase o acordo entre a empresa Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña para o traslado das instalacións de descarga ao porto exterior de Punta Langosteira. Deste xeito, péchanse anos de negociacións nos que se puxo de manifesto o desexo de separar esta icona do pasado industrial da cidade do crecemento da propia urbe.

Pero as instalacións teñen vida propia, cun pasado e tamén un futuro. Inauguradas en 1964, foron parte do desenvolvemento económico e social da comarca, sendo a antigua Petroliber un dos focos de atracción para o crecemento en máis de 60.000 habitantes do censo cidadán entre os anos 60 e 70.

A cidade que nos últimos anos xa non vía de bo agrado esa presenza industrial parece querer esquecer algo importante: que peso tivo a súa existencia no desenvolvemento “moderno”. Eses 50 anos de historia serviron para que se forxasen novas familias e ecosistemas na área urbana, para que un novo tipo de sociedade fose tomando forma a partir da integración de todas esas persoas que nun determinado momento abandonaron o rural para buscarse un futuro na cidade.

Ao mesmo tempo que esta memoria histórica parece perderse, as instalacións irán desaparecendo paulatinamente, cambiando a morfoloxía dunha parte moi visible da Coruña nun proceso físico de transformación de toneladas de materia que marcaron de forma decisiva a evolución da cidade. O seu traslado e reconstrución en Punta Langosteira supoñerá redebuxar a paisaxe industrial sen que a súa actividade detéñase, pero pasando a un segundo e silencioso plano.


Efectos do "desarrollismo" no local

A historia das cidades aséntase sobre o seu propio crecemento. O que pode parecer obvio ás veces non o é tanto xa que o “desenvolvismo” nos seus diferentes formatos a escala global, supuxo a posibilidade de introducir novos modelos económicos atendendo a principios básicos de necesidade. Non só crecían as posibilidades de xerar emprego e riqueza, senón que os propios integrantes do sistema crecen e participan do que eles mesmos xeran.

A creación da refinería coruñesa a principios dos 60, xunto coa aparición doutros núcleos industriais, é o elemento que reforza o movemento migratorio de máis de 60.000 persoas. A cidade crece rapidamente durante esa década e toda esa actividade empresarial vaise tecendo dunha forma absolutamente alambicada: non é só que se traballe para diferentes industrias, senón que todo ese movemento retroaliméntase nun espazo capaz de crecer a partir da riqueza xerada no propio sector industrial.

Neste escenario, o da urbe, a presenza da refinería, coa súa gran necesidade de abastecemento, ten maior relevancia que o doutras industrias. As necesidades dos procesos eliminan calquera posibilidade cortoplacista á hora de xestionar o crecemento do espazo físico da cidade, ao mesmo tempo que se crea unha dependencia con respecto a todo o que rodea a estas infraestruturas. Porque a industria require, á fin e ao cabo, das persoas.

Pero 50 anos de historia non son 50 anos de anécdotas senón décadas de crecemento e adaptación mutua, de traballo e rutinas nunha produción que transcende claramente a súa propia presenza física. O proceso de transformación é global, pero vai calando na vida das persoas a través de novos usos, como foi a omnipresencia do transporte en xeral e o automóbil en particular. O combustible non é un elemento máis senón a esencia da nosa forma de vida profesional e persoal.

O proceso De Mudanza de Repsol non vai ser rápido, nin sinxelo. Mesmo parece ter paralelismos con antigas dificultades tanto a nivel político como cidadán, que agora se enredan en intereses económicos globais lastrados por anos de crise económica sistémica. A pesar de ser unha compañía multinacional, Repsol ten na Coruña unha parte importante da súa historia e un importante reto por superar.

Compricados antecedentes


Aínda que Repsol foi creada en 1987 como resultado da organización do Instituto Nacional de Hidrocarburos, os seus antecedentes en Galicia hai que situalos en 1961 coa construción da Compañía Ibérica de Petróleos - Petroliber impulsada polo Estado co 54% do accionariado. O resto estaba repartido en varias sociedades entre as que destacaba a Marathon Oil Company.

A anécdota galega está na rivalidade coa cidade de Vigo, na que Manuel Cordo Boullosa, empresario portugués de orixe galega, mesmo chegou a construír, a finais dos 50, a refinería Petrogasa, que funcionaría 15 anos ata pasar ao poder do Estado. O empresario tentou xogar as bazas políticas, poñendo de presidente a Salvador Moreno, almirante e exministro de Mariña, pero non entraba nos plans de Suances, o todopoderoso Presidente do INI ao que Valentín Paz Andrade chamaba o “ subdictador económico”. En 1964 era inaugurada polo Caudillo.


Delegación Gobierno no Monopolio do Petróleo. 1964

A refinería de Petroliber constituíuse como principal porta de entrada do petróleo en Galicia, pero tamén como centro de abastecemento a toda a zona noroeste (e así segue sendo).

De forma directa, fixo xurdir outras industrias como Fertiberia, Butano, Cámping Gas, o centro de distribución de Campsa (despois CLH) e a central térmica de Sabón, de Fenosa, inaugurada en 1972 para facer fronte ás novas necesidades xeradas directa e indirectamente pola refinería. A isto hai que sumar o gran desenvolvemento que “sufriu” o porto coruñés en movemento de buques e mercadorías, do que a actividade relacionada coa refinería representou durante algúns anos ata o 70% do total anual.

Mayo de 2016: A rúa Joaquín Planells cambia de nome

Joaquín Planells foi o primeiro presidente da Empresa Nacional Calvo Sotelo e posteriormente ministro de Industria, cargo desde o que aprobou a instalación dunha refinería de petróleos na Coruña.


De Petroliber a Repsol

En 1983, el INH adquire as accións de Marathon Oil Company en Petroliber e en abril de 1985, Petroliber foi absorbida pola Empresa Nacional de Petróleos, que daría orixe á creación de Repsol dous anos máis tarde. En 1989 chegaría a súa privatización parcial que se desenvolveu en varias etapas ata 1997, en que se completou o ciclo e pasou por completo ao sector privado.

En 1981 constitúese o Instituto Nacional de Hidrocarburos – INH (Lei45/1981) como entidade de dereito público, suxeita ao dereito privado, e dependente do Ministerio de Industria e Enerxía, para xestionar as actividades empresariais públicas en materia de hidrocarburos (integradas ata ese momento do INI).

A constitución do INH foi a resposta á segunda crisis do petróleo e no marco dunha importante reorganización da industria que, tras a revisión do Plan Enerxético Nacional, esixía unha gran coordinación entre as empresas do sector. En xuño de 1981, o INI transfire ao INH as súas divisións de Petróleo e Petroquímica e a do Gas. Esa transferencia implicou tamén as accións e dereitos das empresas.

Dous anos máis tarde, en 1987, a reorganización de actividades en España, derivada sobre todo do fin do monopolio público (obrigado polas esixencias da Comunidade Europea para a súa incorporación), deu lugar á constitución do grupo empresarial Repsol, pero aínda dentro do INH. O novo grupo pasaba así a aglutinar as participacións de petróleo, química, gas butano e prospección e exploración do Estado.

En 1989, o INH iniciou a venda de accións de Repsol a investidores privados a través dunha OPV do 26% da compañía.


Tras novas operacións de venda de accións (1993, 1995 y 1997) a SEPI terminou a total privatización de Repsol mediante unha nova OPV do 10% das accións, que nese momento xa estaban en mans da propia SEPI.

Algo máis que anécdotas

Aínda que na historia da refinería non hai accidentes de importancia, tiveron que pasar 50 anos para que se fixese, recentemente, o primeiro simulacro, si destacan os sufridos por dous petroleiros que traían cargamento de cru:

Urquiola: 12 de maio de 1976 Mar Exeo: 13 decembro de 1992


Ambos foron achacados a fallos humanos. No primeiro, no que morreu o capitán, o servizo hidrográfico non detectou unha perigosa agulla rochosa no canle norte de acceso. No segundo, o capitán non rectificou un rumbo equivocado o que, xunto coa forza do temporal, o foi abatendo cara a terra. A isto habería que sumarlle a temeridade de que lle fose permitida unha manobra de noite, e con mala visibilidade, sen un práctico a bordo. Unha auténtica traxedia da que, por ser máis actual, existe maior reflexo documental.

En ambos casos a contaminación foi moi importante, sen embargo, o máis recente desastre do Prestige non deixa de recordarnos que a exposición a este tipo de catástrofes vai moito máis alá da presencia da refinería.

Relatos persoais

Recordo a cara d práctico, de Lebón, ainda chea de petróleo



Mentres tanto na Coruña...


De Mudanza trae a primeira liña unha desas partes invisibles dea Historia tecida no día a día: os cimentos do desenvolvemento que foron permitindo, ademais de xerar riqueza, proporcionar estabilidade e crecemento ao espazo que o rodea.

Porque as decisións, por acción e por omisión, teñen sempre máis dun actor. Porque as cidades e os territorios son esa complicada suma de asfalto e edificios que as que ao final hai, sobre todo, persoas.

Esa é a parte da historia que se quere contar, a das persoas que conformaban a cidade e sobre a que foi crecendo á súa ao redor: como a propia cidade foi, e segue, “mudando” a partir das novas necesidades dunha industria tan específica, estruturalmente falando, como é a relativa ao refinado e todos os seus procesos, no máis amplo sentido do concepto.

Partindo deste punto, debúxase o desenvolvemento ao redor de dous eixos:

✔ Por unha banda, a recuperación dunha “memoria de adaptación” xa que ao longo destas décadas a relación da cidade coa industria foi mudando: de ser “abrigo de” foi pasando a ser un contraste estético cuxo valor non sempre se recoñece xa que, como adoita ocorrer, ten moitos puntos de vista.

✔ Por outro, o arranque dun proceso de cambio lento e minucioso que está destinado a adquirir pleno sentido anos despois do seu inicio. Non se trata dun simple traslado, como non foi no seu día Petroliber a implantación dunha empresa máis. Trátase de dispoñer a construción dun novo sistema que dará paso ao desmantelamento dunha importante porción do esqueleto humano.

Nestes dous eixos atópase, no fondo, a razón de ser de todo o ecosistema urbano: a sucesión de procesos que se asimilan entre o cotián por parte da poboación:

  • Só ante a entrada desta terceira revolución que supera á industrial, a tecnolóxica, foise producindo o conflito ao enfrontarse contornas laborais (e vitais) que parecen querer deixar de lado o pasado industrial.
  • Ao mesmo tempo, as testemuñas dos primeiros traballadores da contorna de Petroliber servirán para entender toda esa historia desde outra perspectiva: a das oportunidades cando a maioría da sociedade estaba a loitar pola pura supervivencia.

Coa chegada da actual crise está a producirse o paradoxo final: o tecido industrial volve ser necesario e, mesmo, desexado. Estas condicións trasládanse á cidadanía no sentido de sentir alivio por ter aínda lazos co sector industrial. No caso de Repsol, é unha factoría plenamente asimilada como elemento da paisaxe e da realidade da comarca.

En definitiva…

De Mudanza busca o relato de 50 anos de “historia mundana e de normalidade” que, un día, ten que asumir a evolución e as súas consecuencias (con todo tipo de implicacións) en forma de traslado



Código de registro: 1311269437391 Fecha de registro: 26-nov-2013 22:47 UTC

a_mirada.1551645426.txt.gz · Última modificación: 2024/02/22 14:46 (editor externo)

Donate Powered by PHP Valid HTML5 Valid CSS Driven by DokuWiki