Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


carcel_provincial

Diferencias

Muestra las diferencias entre dos versiones de la página.

Enlace a la vista de comparación

Próxima revisión
Revisión previa
carcel_provincial [2016/05/26 21:14] – creado isabelcarcel_provincial [2024/02/22 14:59] (actual) – editor externo 127.0.0.1
Línea 1: Línea 1:
 ====== Cárcel provincial ====== ====== Cárcel provincial ======
 +----
 +===== La prisión del Parrote =====
 +
 +<WRAP center round box 90%>
 +**[[http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2016/01/11/traslado-presos-nueva-carcelvecinos-monte-alto-reclaman-gobierno-ponga-fecha-obras-mercado/0003_201601H11C4991.htm|O traslado de presos ao novo cárcere]]**
 +
 +{{:wiki:prision-parrote.jpg?400 |}}Todo estaba preparado. Ás oito da mañá do luns 26 de decembro de 1927 as portas da vetusta prisión coruñesa do Parrote abríronse. Na praza que había diante agardaban dous camións da Comandancia de Intendencia e varias parellas da Garda Civil dacabalo. Íase proceder ao traslado dos noventa presos que alí estaban.
 +
 +Moi poucos curiosos contemplaron a escena; facía moito frío e o tempo era desapracible. A crónica dos reporteiros da prensa local permítenos coñecer o que sucedeu.
 +
 +Os primeiros en saír foron dous homes, condenados por homicidio cometido no distrito de Arzúa, e unha muller acusada de asasinato, procedente do xulgado de Santiago. Formaban parte do grupo de presidiarios considerados máis perigosos ou con sentenzas máis longas.
 +
 +Completada a quenda, os camións partiron rapidamente conducidos por soldados de Intendencia e escoltados por axentes da Garda Civil. Pola estrada de circunvalación chegaron ao novo cárcere situado fronte á torre de Hércules. Esperábanlles o director e os oficiais de garda. Tras varias viaxes sen incidentes, o traslado de presos quedou concluído ás dez da mañá.
 +
 +**Álvarez de Mendoza**
 +
 +Todos quedaron sorprendidos polo cambio. O novo presidio, proxecto do arquitecto Juan Álvarez de Mendoza, destacaba pola cor branca das súas paredes nunha contorna verde e de pequenas leiras cultivadas.
 +
 +Os reclusos atravesaron un primeiro edificio que servía de control de entrada e oficinas. Daba paso a un patio estreito e alargado formado por un muro exterior e outro interior que rodeaban e illaban o cadrado que constituía o penal. Unha vez franqueado, entraron pola única porta que daba paso ao interior. Avanzando por un corredor chegaron á gran rotonda central onde había unha garita acristalada desde a que os vixiantes controlaban as galerías. Nese lugar comprobaron que as catro grandes naves que conformaban o cárcere dispúñanse en forma de cruz, nunha clara alusión relixiosa á función redentora que debía exercer a penitenciaría. Separados homes de mulleres, distribuíronos polas celas.
 +
 +Por fin, ese día cumpríase unha longa demanda da Coruña: dispor dun cárcere moderno e digna. Facía décadas que se pedía, pero a falta de orzamento sempre aprazaba a súa construción.
 +
 +**Ideas «regeneracionistas»**
 +
 +Foi a partir de 1924 coa ditadura de Primo de Rivera cando se puido levar a cabo, contando co apoio do xeneral Muslera, vogal do primeiro goberno do Directorio Militar, e de Calvo Sotelo, ministro de Facenda da ditadura; ambos os fillos adoptivos da cidade. A súa edificación encaixaba moi ben cos «ideais regeneracionistas e de orde» da devandita ditadura e das «forzas vivas» que a apoiaban. Por iso é polo que as autoridades celebrasen con toda pompa tanto a colocación da primeira pedra o 2 de maio de 1925, incluíndo unha homenaxe cívica a Concepción Arenal, como a súa inauguración o 20 de setembro de 1927, recordada cunha placa no edificio de entrada. Cuestión de mentalidades.
 +</WRAP>
 +
 +
 +===== La "nueva" prisión provincial al pie de la Torre de Hércules =====
  
 <WRAP center round box 90%> <WRAP center round box 90%>
carcel_provincial.1464290077.txt.gz · Última modificación: 2024/02/22 14:59 (editor externo)

Donate Powered by PHP Valid HTML5 Valid CSS Driven by DokuWiki